Gran partido o disputado polo Catering Ferrolterra e o segundo clasificado, o Muebles Eume o pasado domingo. O Catering Ferrolterra chegaba a esta cita ca obrigación de gañar tras ver como se descolgaba o equipo das primeiras prazas.
O partido comezaba sen embargo mal para o equipo fenés, tras un tempraneiro gol do equipo rival. O Catering tuvo ocasións nos seguintes minutos para poñer o empate, pero a mala definición impediu que o partido volvera ao equilibrio antes do descanso. Chegaríase así ao intermedio cun axustado 1-0 para o Muebles Eume.
Na segunda parte, sorprendentemente o Catering saiu moi entonado, e aos cinco minutos empatou o encontro con un gol de Manu. Acto seguido, o Muebles Eume volvía poñer o resultado ao seu favor, pero Manu por segunda vez volvía empatar o encontro, demostrando unha gran definición.
Minutos despois, Manu completaría o seu gran partido marcando o seu terceiro gol con un disparo escorado dende fora da área.
Co resultado de 3-2 e a falta de apenas cinco minutos para o final, o Muebles Eume buscou darlle a volta ao marcador co porteiro-xogador, pero tras un erro Javi poñía o 4-2 con un golazo dende o seu campo. Finalmente, xa co tempo case cumplido, o pichichi Antonio marcaría de falta directa o 5-2.
Por fin o Catering Ferrolterra consigue vencer a un dos equipos punteiros da liga, tras encontrarse con numerosas derrotas axustadas nas últimas semanas. Agora parece que este resultado pode ser un punto de inflexión para o equipo na liga. Depende dos xogadores que este resultado se traduza nunha escalada na clasificación.
A próxima semana, o equipo enfrentarase ao colista Matojoma-Venus, o domingo as 21.00 horas.