lunes, 11 de junio de 2012

2 CATERING FERROLTERRA - PINTURAS COLORMIX 7

Chegaba con moitas ganas o equipo fenés de poder dar a sorpresa e colarse na final da copa, pero finalmente non puido ser. Aínda que o encontro empezaba poñéndose de cara para o Catering Ferrolterra gracias a un gran centro de Krispy e boa definición de cabeza de Manu. Pero as ilusións duraron pouco cando o campión de liga empatou ao pouco do gol e despois deulle a volta ao marcador cun gol de falta. Antes do descanso os feneses tiveron a gran oportunidade do partido cun doble-penalti, pero nin así o balón quixo entrar.

Na segunda metade o Catering Ferrolterra saiu a darlle a volta ao marcador, pero os riscos tomados levaron acompañados contrataques do Pinturas Colormix que acababan en gol. Así chegaron varios goles do probablemente mellor equipo da copa, ata o 7-1. Finalmente o Catering, que non deu o partido por perdido en ningún momento, marcou o segundo gol, obra de Justo. Nin o porteiro-xogador nin as ganas dos feneses puideron co gran equipo local.

Con esto remata a temporada do Catering Ferrolterra en As Pontes. Según palabras do Presidente, Rubén Justo, o equipo está xa preparando novas metas na Liga Local de Ferrol, co nome de Deportivo de Fene. Pero antes deso poderemos velos na Liga do Roxal, por segundo verán consecutivo.

lunes, 4 de junio de 2012

2 CATERING FERROLTERRA - BARBARROJA 2 (8-7)

Unha das eliminatorias máis igualadas dos cuartos de final da Copa presentábase neste partido, entre dous equipos da zona media-alta da liga.

O partido comezou con moito ritmo e varias ocasións para os dous equipos, que finalmente non se materializaron en gol, ata que nun contrataque rápido do Catering Ferrolterra un balón largo deixou a Justo só diante do porteiro rival, ante o que non perdonou.Cando mellor estaba asentado o equipo fenés na pista, unha falta ao borde da área a favor do Barbarroja rematou colándose na portería do Catering. Finalmente, nos últimos minutos antes do descanso o Barbarroja lograba darlle a volta ao partido nun contrataque que colleu aos feneses desprevidos.

Na segunda parte, o Catering non quería perderlle o pulso ao partido, e buscou por todos os medios o empate. Sucedíanse as ocasións dun e doutro equipo ata que unha gran xogada de Justo pola banda acabou cun gran centro e a boa definición de Antonio para empatar o encontro. A partir dese momento veuse un xogo moito máis lento, notándose o cansancio dos dous equipos, que especulando co resultado pedían xa o remate do partido. O Catering Ferrolterra tivo unha gran ocasión no último minuto, pero tras varios disparos de Javi e de Justo o balón non quixo entrar. Con esto, chegábase ao final dos 50 minutos.

A tanda de penaltis fíxose moi longa, xa que tanto o Catering Ferrolterra coma o Barbarroja non cedían nos seus disparos, ata que ao oitavo penalti, o Barbarroja fallaría; dándolle ao Catering Ferrolterra unha meritoria plaza nas semifinais.


O próximo domingo O Catering Ferrolterra medirase nas semifinais ante o campión de Liga, Pinturas Colormix, ás 16.30 h. Despois, ás 20.00 h. será a final da Copa.

miércoles, 30 de mayo de 2012

10 CATERING FERROLTERRA - MATOJOMA VENUS 5

Chegaba a copa para o Catering Ferrolterra, que lle tocou no sorteo da fase previa ante a gran revelación da liga na segunda volta, o Matojoma Venus.

Comezaba o partido con varias ocasións do Catering pero sen sorte de cara a portería, ata que aos 10 minutos  da primeira parte un gran pase de Manu e unha gran definición de Justo abrían o electrónico. Acto seguido, Manu marcaría o 2-0. Coa ventaxa de dous goles, un erro infantil da defensa do equipo fenés costoulles o gol do Matojoma Venus, que se metía no partido.Co resultado de 2-1 chegouse ao descanso.

Nada máis comezar a segunda parte o Catering saiu a por todas, marcando 3 goles en poucos minutos. Co 5-2 no marcador, empezáronse a suceder as ocasións e os goles, por parte dos dous equipos.Pero o Matojoma Venus, a pesar de mellorar a súa puntería non logrou meterse no partido en ningún momento, co que o Catering Ferrolterra certificaría o pase á seguinte ronda cun resultado final de 10-5.

O próximo domingo ás 18.00 h. O Catering Ferrolterra enfrontarase ao Barbarroja, loitando por un posto nas semifinais de Copa.

GOLES: MANU (4), ANTONIO (3), JUSTO (2), JAVI

sábado, 26 de mayo de 2012

I Torneo "Asociación Deportiva Juvenil de Fene"


Invitámosvos a asistir ao I Torneo de Fútbol Sala organizado pola Asociación Deportiva Juvenil de Fene. Será o próximo sábado 2 de xuño a partir das 9.00 h. no pabellón de O Ramo(Barallobre)

Os grupos sorteados cos equipos participantes son estes:

GRUPO A:

PROMACER
AUTOM.AUMÁN
SENTIMIENTO AMARILLO

GRUPO B:

DEPORTIVO DE FENE
OLYMPIQUE DE NARÓN
DIOSIÑO FC

O calendario completo do torneo é este:

9.00    PROMACER & AUMÁN
10:00  DEP.FENE & OLYMPIQUE
11:00  PROMACER & S. AMARILLO
12:00  DEP.FENE & DIOSIÑO FC
13:00  AUMÁN & S.AMARILLO
14:00  OLYMPIQUE & DIOSIÑO FC
15:00  DESCANSO
16:00  SEMIFINAL 1: 1ºA & 2ºB
17:00  SEMIFINAL 2: 1ºB & 2ºA
18:00  DESCANSO
19:00  3º E 4º POSTO
20:00  FINAL

A entrada é gratuita

Esperámosvos!!

martes, 22 de mayo de 2012

3 CATERING FERROLTERRA - A FERVENZA 4

Chegaba a última xornada da liga, e o Catering Ferrolterra con case todo o traballo feito para rematar na sexta praza. Só precisaba un empate, xogando de novo con 5 xogadores, coma a semana pasada.

O partido comezaba igualado con ocasións para os dous equipos ata que aos 10 minutos A Fervenza abría o marcador. O equipo fenés non se rendiu e buscou o necesario empate, ata que a falta de 5 minutos para o descanso logrouno cun gol de Justo. Con esto chegábase ao descanso co empate necesario para o Catering.

A segunda parte seguiu moi ben para o equipo fenés que lograba darlle a volta ao resultado cun gol de Manu.Pouco despois A Fervenza empataría de novo, pero pouco durou o empate, xa que unha pillería de Javi nunha falta acabaría cun novo gol de Justo para poñer o 3-2 favorable ao Catering Ferrolterra.

A partir de ahí foi onde se notou o cansancio dos xogadores do Catering, e A Fervenza aproveitou para empatar o encontro. Finalmente a falta de un minuto, A Fervenza lograba o cuarto e definitivo tanto que os facía arrebatarlle a sexta praza ao Catering Ferrolterra.

Así o Catering remata na séptima praza tras a última derrota.

A semana que ven comeza a fase previa da Copa, na que o Catering xogará ante a revelación da segunda volta da Liga, o Matojoma Venus.O partido será o próximo domingo 27 ás 16.00 h.

Partido complicado para os feneses, que se gañan enfrentaranse na seguinte fase ao Barbarroja. Os tres primeiros clasificados pasan directamente á seguinte ronda.

martes, 15 de mayo de 2012

7 CATERING FERROLTERRA - TIKI-TAKA 4

Presentábase este fin de semana ca difícil tarea de derrotar ao quinto clasificado da liga, un Tiki-Taka que xa lle gañara na primeira volta 5-2. Esto complicouse máis debido ás numerosas baixas que fixeron que o equipo fenés afrontara o encontro con só 5 xogadores.

Aínda así o partido púxose de cara desde o principio cun tempraneiro gol de Manu. Pouco despois o Tiki-Taka devolvería o empate ao marcador, pero Manu voltou a dar ventaxa ao Catering con outro tanto. Isto ata falta de 6 minutos para o descanso cando nunha nova xogada elaborada por Manu, éste encontraba libre de marca a Justo que marcaría o 3-1.

Na segunda parte Antonio marcou o cuarto nada máis comezar, que parecía que sentenciaba o encontro. Non obstante, o Tiki-Taka meteu o medo no corpo aos feneses con dous goles seguidos que poñían o resultado nun perigoso 4-3. Ahí foi onde o Catering sacou a súa mellor versión para marcar dous tantos máis, obra de Manu e Antonio. Xa case ao final un novo gol do Tiki-Taka e outro de Antonio para o Catering rematarían o partido que acabaría co resultado favorable a estes últimos por 7-4.

Desta forma, o Catering afronta a última xornada dependendo de sí mismo para lograr a sexta praza na clasificación. Xogarase ese posto ante o que ocupa a sétima praza agora mesmo, A Fervenza, nun partido que promete ser intersante.

miércoles, 2 de mayo de 2012

3 NO PING LAS TORRES – CATERING FERROLTERRA 9

Partido a priori fácil para o Catering Ferrolterra pero engañoso no seu resultado, xa que o partido comezou moi igualado ata mediada a primeira parte que Manu con unha gran xogada persoal abría o marcador. A pesar deso, un erro da defensa do Catering provocaba o empate rápidamente. Houbo ocasións, pero non puideron materializarse en gol polo que se chegou con empate ao descanso.


Nada máis comezar a segunda parte dous goles de Antonio e Krispy decantaban o partido cara o equipo fenés. O No Ping Las Torres recortou diferencias ao momento, pero a partir de ahí volveu a sentirse o vendaval Antonio que a base de goles acabou cas opcións do equipo rival ata chegar ao resultado de 2-8. Finalmente o No Ping Las Torres marcaba o terceiro gol, e case ao final do encontró Justo marcaba tras asistencia de Krispy o definitivo 3-8.

Desta forma o Catering Ferrolterra sigue empeñado en acabar o máis arriba posible a temporada. Todo parece indicar que se xogará a sexta praza nas dúas últimas xornadas co Nodo Dixital e A Fervenza, co que ten un decisivo enfrentamento directo na última xornada.