Chegaba a copa para o Catering Ferrolterra, que lle tocou no sorteo da fase previa ante a gran revelación da liga na segunda volta, o Matojoma Venus.
Comezaba o partido con varias ocasións do Catering pero sen sorte de cara a portería, ata que aos 10 minutos da primeira parte un gran pase de Manu e unha gran definición de Justo abrían o electrónico. Acto seguido, Manu marcaría o 2-0. Coa ventaxa de dous goles, un erro infantil da defensa do equipo fenés costoulles o gol do Matojoma Venus, que se metía no partido.Co resultado de 2-1 chegouse ao descanso.
Nada máis comezar a segunda parte o Catering saiu a por todas, marcando 3 goles en poucos minutos. Co 5-2 no marcador, empezáronse a suceder as ocasións e os goles, por parte dos dous equipos.Pero o Matojoma Venus, a pesar de mellorar a súa puntería non logrou meterse no partido en ningún momento, co que o Catering Ferrolterra certificaría o pase á seguinte ronda cun resultado final de 10-5.
O próximo domingo ás 18.00 h. O Catering Ferrolterra enfrontarase ao Barbarroja, loitando por un posto nas semifinais de Copa.
GOLES: MANU (4), ANTONIO (3), JUSTO (2), JAVI
No hay comentarios:
Publicar un comentario