Presentábase este fin de semana ca difícil tarea de derrotar ao quinto clasificado da liga, un Tiki-Taka que xa lle gañara na primeira volta 5-2. Esto complicouse máis debido ás numerosas baixas que fixeron que o equipo fenés afrontara o encontro con só 5 xogadores.
Aínda así o partido púxose de cara desde o principio cun tempraneiro gol de Manu. Pouco despois o Tiki-Taka devolvería o empate ao marcador, pero Manu voltou a dar ventaxa ao Catering con outro tanto. Isto ata falta de 6 minutos para o descanso cando nunha nova xogada elaborada por Manu, éste encontraba libre de marca a Justo que marcaría o 3-1.
Na segunda parte Antonio marcou o cuarto nada máis comezar, que parecía que sentenciaba o encontro. Non obstante, o Tiki-Taka meteu o medo no corpo aos feneses con dous goles seguidos que poñían o resultado nun perigoso 4-3. Ahí foi onde o Catering sacou a súa mellor versión para marcar dous tantos máis, obra de Manu e Antonio. Xa case ao final un novo gol do Tiki-Taka e outro de Antonio para o Catering rematarían o partido que acabaría co resultado favorable a estes últimos por 7-4.
Desta forma, o Catering afronta a última xornada dependendo de sí mismo para lograr a sexta praza na clasificación. Xogarase ese posto ante o que ocupa a sétima praza agora mesmo, A Fervenza, nun partido que promete ser intersante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario