lunes, 26 de marzo de 2012

1 COTA CERO - CATERING FERROLTERRA 6

Presentábase o Catering Ferrolterra ca obrigación de non pinchar máis, e saiu a por todas ante un dos equipos da zona baixa da táboa. O partido comezou igualado, con ocasións para o equipo pero sen poder materializalas. Non foi ata a falta de catro minutos cando Krispy abriu a lata, e dous minutos despois Antonio poñía o 0-2 para rematar con este resultado ao descanso.

Xa na segunda parte, o dominio do equipo fenés fíxose moito máis claro, e aínda que puido encaixar algún gol nalgunha contra peligrosa, Rego fixo un gran partido na súa línea salvando todo o que lle viña. O Cota Cero veu como o "vendaval" de Antonio se acercaba en forma de goles. Ata en catro ocasións fusilou a portería rival para chegar ao resultado de 0-6. Finalmente a falta de 20 segundos o Cota Cero marcaba o 1-6, demostrando unha vez máis que é imposible para este equipo manter a concentración os 50 minutos que dura o encontro.

A próxima xornada tócalle descansar ao Catering, e despois a liga tomará dúas semanas de parón pola Semana Santa. O equipo volverá ao traballo o 22 de abril ante o líder, o Pinturas Colormix.

lunes, 19 de marzo de 2012

14 CATERING FERROLTERRA - LUJO CARLÍN 8

Partido con moitos goles o disputado este domingo polo Catering Ferrolterra e o Lujo Carlín. Un encontro que se presentaba complicado, polas baixas de Justo por sanción e de Manu e Antonio por lesión. A pesar desto, o Catering foi dominando o partido dende o comezo do encontro. Soamente cando o Lujo Carlín se achegou no marcador para poñerse 7-5 foi cando o Catering se veu mínimamente amenazado. Esta victoria ante o colista da liga fai que o equipo fenés volva saír reforzado desta xornada, e o próximo domingo buscará outra victoria ante o Cota Cero, ás 18.00 horas para seguir tendo opcións de acabar a temporada na sexta praza.

lunes, 12 de marzo de 2012

2 CATERING FERROLTERRA - BARBARROJA 3

Derrota axustada do Catering Ferrolterra ante o Barbarroja esta semana na liga de As Pontes. O partido comezou moi parello os primeiros minutos ata que aos cinco minutos o Barbarroja adiantaríase no marcador cun gol de falta. Pouco despois, nun erro defensivo do equipo fenés, o Barbarroja aumentaba a ventaxa a dous goles.

O partido estaba resultando moi trabado, e con numerosas faltas. Froito desto o Catering Ferrolterra disfrutou dun dobre-penalti que transformou Antonio antes do descanso.
Xa na reanudación, o Catering abalanzouse na busca do empate, pero nun contrataque un xogador do barbarroja marcaba a pracer só ante o porteiro. Despois Manu marcou o 2-3 que metía emoción no marcador, e o equipo decidiu sacar o porteiro-xogador.
A estratexia non saiu ben xa que noutra contra do Barbarroja Justo cometeu penalti e foi expulsado. O penalti non se traduciu en gol, e o resultado quedou cunha victoria por 2-3 favorable ao Barbarroja.

A próxima semana o Catering Ferrolterra terá unha nova oportunidade para lograr a victoria, ante o actual colista, o Lujo Carlín. Será o domingo 18 ás 16.00 h.

Resaltamos tamén a actuación do Catering Ferrolterra no "II Maratón Castelo Non Para" que se saldou cunha eliminación na fase de grupos, tras lograr tan só unha victoria en tres partidos. O equipo non logrou así, igualar o resultado do ano anterior, no que caera en semifinais.

martes, 6 de marzo de 2012

1 NODO DIXITAL - CATERING FERROLTERRA 3

Tras a dolorosa derrota sufrida a semana pasada, o equipo fenés volveu dar esta semana o mellor de sí para derrotar a un dos rivais directos pola sexta praza, o Nodo Dixital ante o cal perdera na primeira volta.

O partido comezou igualado nos primeiros compases do primeiro tempo, sen goles, ata o minuto 9 no que chegou o primeiro gol do partido, para o Nodo Dixital. Despois de buscalo en varias ocasións, unha boa xogada de Isma e o remate de Javi lograron equilibrar o marcador a falta de 8 minutos para o descanso. Chegábase así co resultado de 1-1 ao intermedio.

Xa no segundo tempo o Catering Ferrolterra saiu con todas as ganas, para evitar outra derrota, e aos 5 minutos, Krispy, que aínda non se estrenara na presente temporada, lograba poñer ao equipo por diante. Desde aquí o Catering fíxose co control do partido, e para rematar o partido o pichichi do equipo Antonio poñería o 3-1. A pesar de que o marcador puido abultarse máis nos últimos minutos, finalmente o partido rematou co resultado favorable para o equipo fenés por 3-1.

A próxima semana o Catering Ferrolterra terá a súa cita semanal en As Pontes ante o Barbarroja, aínda que o evento importante da semana será a participación no "II Maratón Castelo non Para", en Culleredo.