martes, 6 de marzo de 2012

1 NODO DIXITAL - CATERING FERROLTERRA 3

Tras a dolorosa derrota sufrida a semana pasada, o equipo fenés volveu dar esta semana o mellor de sí para derrotar a un dos rivais directos pola sexta praza, o Nodo Dixital ante o cal perdera na primeira volta.

O partido comezou igualado nos primeiros compases do primeiro tempo, sen goles, ata o minuto 9 no que chegou o primeiro gol do partido, para o Nodo Dixital. Despois de buscalo en varias ocasións, unha boa xogada de Isma e o remate de Javi lograron equilibrar o marcador a falta de 8 minutos para o descanso. Chegábase así co resultado de 1-1 ao intermedio.

Xa no segundo tempo o Catering Ferrolterra saiu con todas as ganas, para evitar outra derrota, e aos 5 minutos, Krispy, que aínda non se estrenara na presente temporada, lograba poñer ao equipo por diante. Desde aquí o Catering fíxose co control do partido, e para rematar o partido o pichichi do equipo Antonio poñería o 3-1. A pesar de que o marcador puido abultarse máis nos últimos minutos, finalmente o partido rematou co resultado favorable para o equipo fenés por 3-1.

A próxima semana o Catering Ferrolterra terá a súa cita semanal en As Pontes ante o Barbarroja, aínda que o evento importante da semana será a participación no "II Maratón Castelo non Para", en Culleredo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario