Chegaba a copa para o Catering Ferrolterra, que lle tocou no sorteo da fase previa ante a gran revelación da liga na segunda volta, o Matojoma Venus.
Comezaba o partido con varias ocasións do Catering pero sen sorte de cara a portería, ata que aos 10 minutos da primeira parte un gran pase de Manu e unha gran definición de Justo abrían o electrónico. Acto seguido, Manu marcaría o 2-0. Coa ventaxa de dous goles, un erro infantil da defensa do equipo fenés costoulles o gol do Matojoma Venus, que se metía no partido.Co resultado de 2-1 chegouse ao descanso.
Nada máis comezar a segunda parte o Catering saiu a por todas, marcando 3 goles en poucos minutos. Co 5-2 no marcador, empezáronse a suceder as ocasións e os goles, por parte dos dous equipos.Pero o Matojoma Venus, a pesar de mellorar a súa puntería non logrou meterse no partido en ningún momento, co que o Catering Ferrolterra certificaría o pase á seguinte ronda cun resultado final de 10-5.
O próximo domingo ás 18.00 h. O Catering Ferrolterra enfrontarase ao Barbarroja, loitando por un posto nas semifinais de Copa.
GOLES: MANU (4), ANTONIO (3), JUSTO (2), JAVI
miércoles, 30 de mayo de 2012
sábado, 26 de mayo de 2012
I Torneo "Asociación Deportiva Juvenil de Fene"
Invitámosvos a asistir ao I Torneo de Fútbol Sala organizado pola Asociación Deportiva Juvenil de Fene. Será o próximo sábado 2 de xuño a partir das 9.00 h. no pabellón de O Ramo(Barallobre)
Os grupos sorteados cos equipos participantes son estes:
GRUPO A:
PROMACER
AUTOM.AUMÁN
SENTIMIENTO AMARILLO
GRUPO B:
DEPORTIVO DE FENE
OLYMPIQUE DE NARÓN
DIOSIÑO FC
O calendario completo do torneo é este:
9.00 PROMACER & AUMÁN
10:00 DEP.FENE & OLYMPIQUE
11:00 PROMACER & S. AMARILLO
12:00 DEP.FENE & DIOSIÑO FC
13:00 AUMÁN & S.AMARILLO
14:00 OLYMPIQUE & DIOSIÑO FC
15:00 DESCANSO
16:00 SEMIFINAL 1: 1ºA & 2ºB
17:00 SEMIFINAL 2: 1ºB & 2ºA
18:00 DESCANSO
19:00 3º E 4º POSTO
20:00 FINAL
A entrada é gratuita
Esperámosvos!!
martes, 22 de mayo de 2012
3 CATERING FERROLTERRA - A FERVENZA 4
Chegaba a última xornada da liga, e o Catering Ferrolterra con case todo o traballo feito para rematar na sexta praza. Só precisaba un empate, xogando de novo con 5 xogadores, coma a semana pasada.
O partido comezaba igualado con ocasións para os dous equipos ata que aos 10 minutos A Fervenza abría o marcador. O equipo fenés non se rendiu e buscou o necesario empate, ata que a falta de 5 minutos para o descanso logrouno cun gol de Justo. Con esto chegábase ao descanso co empate necesario para o Catering.
A segunda parte seguiu moi ben para o equipo fenés que lograba darlle a volta ao resultado cun gol de Manu.Pouco despois A Fervenza empataría de novo, pero pouco durou o empate, xa que unha pillería de Javi nunha falta acabaría cun novo gol de Justo para poñer o 3-2 favorable ao Catering Ferrolterra.
A partir de ahí foi onde se notou o cansancio dos xogadores do Catering, e A Fervenza aproveitou para empatar o encontro. Finalmente a falta de un minuto, A Fervenza lograba o cuarto e definitivo tanto que os facía arrebatarlle a sexta praza ao Catering Ferrolterra.
Así o Catering remata na séptima praza tras a última derrota.
A semana que ven comeza a fase previa da Copa, na que o Catering xogará ante a revelación da segunda volta da Liga, o Matojoma Venus.O partido será o próximo domingo 27 ás 16.00 h.
Partido complicado para os feneses, que se gañan enfrentaranse na seguinte fase ao Barbarroja. Os tres primeiros clasificados pasan directamente á seguinte ronda.

martes, 15 de mayo de 2012
7 CATERING FERROLTERRA - TIKI-TAKA 4
Presentábase este fin de semana ca difícil tarea de derrotar ao quinto clasificado da liga, un Tiki-Taka que xa lle gañara na primeira volta 5-2. Esto complicouse máis debido ás numerosas baixas que fixeron que o equipo fenés afrontara o encontro con só 5 xogadores.
Aínda así o partido púxose de cara desde o principio cun tempraneiro gol de Manu. Pouco despois o Tiki-Taka devolvería o empate ao marcador, pero Manu voltou a dar ventaxa ao Catering con outro tanto. Isto ata falta de 6 minutos para o descanso cando nunha nova xogada elaborada por Manu, éste encontraba libre de marca a Justo que marcaría o 3-1.
Na segunda parte Antonio marcou o cuarto nada máis comezar, que parecía que sentenciaba o encontro. Non obstante, o Tiki-Taka meteu o medo no corpo aos feneses con dous goles seguidos que poñían o resultado nun perigoso 4-3. Ahí foi onde o Catering sacou a súa mellor versión para marcar dous tantos máis, obra de Manu e Antonio. Xa case ao final un novo gol do Tiki-Taka e outro de Antonio para o Catering rematarían o partido que acabaría co resultado favorable a estes últimos por 7-4.
Desta forma, o Catering afronta a última xornada dependendo de sí mismo para lograr a sexta praza na clasificación. Xogarase ese posto ante o que ocupa a sétima praza agora mesmo, A Fervenza, nun partido que promete ser intersante.

miércoles, 2 de mayo de 2012
3 NO PING LAS TORRES – CATERING FERROLTERRA 9
Partido a priori fácil para o Catering Ferrolterra pero
engañoso no seu resultado, xa que o partido comezou moi igualado ata mediada a
primeira parte que Manu con unha gran xogada persoal abría o marcador. A pesar
deso, un erro da defensa do Catering provocaba o empate rápidamente. Houbo
ocasións, pero non puideron materializarse en gol polo que se chegou con empate
ao descanso.
Nada máis comezar a segunda parte dous goles de Antonio e
Krispy decantaban o partido cara o equipo fenés. O No Ping Las Torres recortou
diferencias ao momento, pero a partir de ahí volveu a sentirse o vendaval
Antonio que a base de goles acabou cas opcións do equipo rival ata chegar ao
resultado de 2-8. Finalmente o No Ping Las Torres marcaba o terceiro gol, e
case ao final do encontró Justo marcaba tras asistencia de Krispy o definitivo
3-8.
Desta forma o Catering Ferrolterra sigue empeñado en acabar o
máis arriba posible a temporada. Todo parece indicar que se xogará a sexta
praza nas dúas últimas xornadas co Nodo Dixital e A Fervenza, co que ten un
decisivo enfrentamento directo na última xornada.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)