martes, 31 de enero de 2012

5 A FERVENZA - CATERING FERROLTERRA 5

Partido moi importante o que afrontaba o Catering Ferrolterra esta semana, que comezou mal encaixando un gol aos 5 minutos do comezo. A partir do gol o equipo mostrouse moito máis cómodo na pista e proba de eso chegaron dous goles de Justo e Antonio que deron a volta ao marcador antes do descanso.

O Catering comezou a segunda parte durmido coma case sempre e pagouno con catro erros defensivos que se converteron en catro goles. Co resultado de 5-2 en contra e sete minutos para o final, o equipo fenés sacou o porteiro-xogador. 

Con esta estratexia plasmouse una gran superioridade no xogo; e Antonio primeiro, e Justo despois (por partida dobre) empataron o encontro para deixar o resultado final nun empate a cinco tantos.

Así remata a primeira volta da liga para o Catering, ca sensación de que se perderon moitos puntos importantes que o deixan na oitava posición provisional.

O próximo domingo o equipo enfrentarase ao Estanco Maricarmen, ás 18.00 h.

miércoles, 25 de enero de 2012

2 CATERING FERROLTERRA - TIKI TAKA 6

Partido importante o que se lle presentaba ao Catering Ferrolterra esta semana, ante un dos equipos punteiros da liga, e nova derrota. O partido comezou ben para o equipo, con un tempraneiro gol de Antonio. Sen embargo aos poucos minutos o Tiki Taka remontou con dous goles. Isma equilibraría o marcador xusto antes do descanso.

A segunda parte empezou moi igualada, cos dous equipos moi seguros defensivamente. Xa a falta de 13 minutos para o final varios errores defensivos do Catering Ferrolterra desembocaron en catro goles do equipo rival.

Mal partido do Catering Ferrolterra que ve así como cada semana se alonxa dos postos de arriba. Cabe destacar o bon debut de Óscar como novo porteiro do equipo, pola baixa de Rego. Para a semana o equipo terá outra oportunidade de volver engancharse na clasificación ante A Fervenza  o domingo ás 16.00 h.

Será a última xornada da primeira volta, e seguro que o Catering quererá dar unha boa imaxe ante os seus aficionados.

domingo, 22 de enero de 2012

ÚLTIMA HORA: KRISPY RECUPERÁNDOSE NO XIMNASIO



Última hora no club: Chegan as imaxes do xogador do Catering Ferrolterra, Krispy Vieira, ultimando a recuperación da súa lesión no ximnasio da Cidade Deportiva do club.

Todo parece indicar que en poucos días o xogador estará totalmente recuperado.

Mentres tanto, hai rumores de xente que presuntamente viron a varios integrantes do club a noite de Fin de Ano, ao parecer, en non moi boas condicións. O presidente xa se adiantou a desmentir a existencia de tales fotografías. Nos próximos días daremos máis detalles do "escándalo" levantado no entorno do club.

jueves, 19 de enero de 2012

5 CATERING FERROLTERRA - NO PING LAS TORRES 2

Tras o último bache do equipo a semana pasada, o Catering volve aferrarse ás súas opcións na liga tras unha nova victoria, esta vez ante o No Ping Las Torres. O partido comezou complicado xa que a pesar das ocasións ningún dos dous equipos lograba transformar as súas xogadas en gol.
Finalmente o Catering logrou adiantarse no marcador, gracias a Antonio, nunha xogada non exenta de polémica arbitral por unha máis que posible falta de Justo sobre un xogador contrario.A partir de ahí o Catering encontrou máis espacios, que aproveitou o goleador Antonio para marcar outros dous goles que levaron o resultado de 3-0 ao descanso.

Na segunda parte o equipo fenés non puido empezar mellor, marcando o cuarto obra de Héctor. Despois deste gol, a relaxación en defensa do equipo provocou o primeiro tanto do No Ping Las Torres.

Xa casi ao final Antonio apuntouse o cuarto gol na súa carreira particular polo pichichi, e acto seguido o No Ping Las Torres cerrou o resultado con un auténtico golazo de xogada individual. Así se chegou ao resultado final de 5-2.

Con esta nova victoria , o equipo aférrase aos postos altos da tabla, e manten intactas as súas opcións de acabar nunha boa posición a primeira volta da liga. A próxima xornada o Catering Ferrolterra enfrentarase ao sempre difícil e correoso Tiki-Taka.

martes, 10 de enero de 2012

5 CATERING FERROLTERRA - PINTURAS COLORMIX 6

Derrota do equipo fenés na volta tras as vacacións de nadal ante o líder da liga, o forte equipo Pinturas Colormix.

O partido púxose de cara para o Catering Ferrolterra, marcando 3 goles nos primeiros minutos. Co resultado de 3-0 o líder despertou e comezou a remontada, ao mesmo tempo que o equipo fenés se viña abaixo. 5 goles consecutivos puxeron o marcador en 5-3.

O Catering acortou distancias, pero encontrouse cunha pronta resposta do Pinturas Colormix. Con 6-4 e porteiro xogador o Catering Ferrolterra reaccionou, e conseguiu o quinto tanto. Esto foi insuficiente, chegándose finalmente ao resultado de 6-5.

Esta derrota corta a boa traxectoria que levaba o equipo, aínda que a boa imaxe dada no partido contenta aos aficionados, que ven aínda posible acabar a temporada entre os primeiros clasificados.