Partido importante o que se lle presentaba ao Catering Ferrolterra esta semana, ante un dos equipos punteiros da liga, e nova derrota. O partido comezou ben para o equipo, con un tempraneiro gol de Antonio. Sen embargo aos poucos minutos o Tiki Taka remontou con dous goles. Isma equilibraría o marcador xusto antes do descanso.
A segunda parte empezou moi igualada, cos dous equipos moi seguros defensivamente. Xa a falta de 13 minutos para o final varios errores defensivos do Catering Ferrolterra desembocaron en catro goles do equipo rival.
Mal partido do Catering Ferrolterra que ve así como cada semana se alonxa dos postos de arriba. Cabe destacar o bon debut de Óscar como novo porteiro do equipo, pola baixa de Rego. Para a semana o equipo terá outra oportunidade de volver engancharse na clasificación ante A Fervenza o domingo ás 16.00 h.
Será a última xornada da primeira volta, e seguro que o Catering quererá dar unha boa imaxe ante os seus aficionados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario