Chegaba a última xornada da liga, e o Catering Ferrolterra con case todo o traballo feito para rematar na sexta praza. Só precisaba un empate, xogando de novo con 5 xogadores, coma a semana pasada.
O partido comezaba igualado con ocasións para os dous equipos ata que aos 10 minutos A Fervenza abría o marcador. O equipo fenés non se rendiu e buscou o necesario empate, ata que a falta de 5 minutos para o descanso logrouno cun gol de Justo. Con esto chegábase ao descanso co empate necesario para o Catering.
A segunda parte seguiu moi ben para o equipo fenés que lograba darlle a volta ao resultado cun gol de Manu.Pouco despois A Fervenza empataría de novo, pero pouco durou o empate, xa que unha pillería de Javi nunha falta acabaría cun novo gol de Justo para poñer o 3-2 favorable ao Catering Ferrolterra.
A partir de ahí foi onde se notou o cansancio dos xogadores do Catering, e A Fervenza aproveitou para empatar o encontro. Finalmente a falta de un minuto, A Fervenza lograba o cuarto e definitivo tanto que os facía arrebatarlle a sexta praza ao Catering Ferrolterra.
Así o Catering remata na séptima praza tras a última derrota.
A semana que ven comeza a fase previa da Copa, na que o Catering xogará ante a revelación da segunda volta da Liga, o Matojoma Venus.O partido será o próximo domingo 27 ás 16.00 h.
Partido complicado para os feneses, que se gañan enfrentaranse na seguinte fase ao Barbarroja. Os tres primeiros clasificados pasan directamente á seguinte ronda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario