lunes, 27 de febrero de 2012

3 CATERING FERROLTERRA - MATOJOMA VENUS 6

Cura de humildade a sufrida este domingo polo Catering Ferrolterra ante un dos últimos clasificados da liga, un Matojoma Venus que mostrou moita mellor cara que na primeira volta, que sufrira unha abultada derrota.

O partido comezou mal xa para o Catering cun tempraneiro gol do Matojoma. Ao pouco tempo, sin embargo, Héctor, que reaparecía tras a súa lesión, empataba o partido. Antes do descanso o Matojoma Venus poñía de novo a sorpresa no marcador, minutos antes de chegar ao descanso, poñendo o resultado de 2-1.

A segunda metade debía ser a da reacción do equipo fenés, pero lonxe deso o Matojoma aumentou a ventaxa ata o 3-1. Manu acortou distancias despois, pero pronto volveu o batacazo cun novo gol do equipo rival. Outro gol de Manu mediada a segunda parte daba esperanzas a un Catering Ferrolterra que decidiu sacar o porteiro-xogador co resultado de 4-3. Mala elección ésta neste caso, xa que esta decisión provocou que o Matojoma Venus en dúas contras marcara dous goles máis a portería vacía para consolidar unha gran victoria para eles.

Chega así unha dolorosa derrota, fruto do exceso de confianza do equipo tras a gran victoria da semana pasada ante o Muebles Eume. Este partido obriga ao equipo fenés a volver gañar algún partido máis ante os equipos de arriba si quere ascender na clasificación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario