Sufrida victoria do Catering Ferrolterra ante o IES Castro de Uz. Un partido con moitas variantes que comezou con un gol tempraneiro de Javi tras un roubo de balón a media pista. O equipo rival empataría o encontro nun erro defensivo, e ao momento Antonio volvería poner ao Catering por diante no marcador. Xa no final da primeira metade, nunha xogada de córner o IES Castro de Uz lograba o empate a dous goles.
A segunda parte comezou igualada, sen dominio claro de ningún dos dous equipos, ata que no minuto 5 Justo roubou un balón dentro da área rival para poñer o 3-2. Cando mellor se vía o equipo, un disparo de falta colouse polo medio da barreira do Catering e acabou en gol. Xa con empate a tres goles, o equipo fenés volveu xogarse o partido ao porteiro-xogador. Tras varios minutos de incerteza, a falta de un minuto para o final, una pillería de Manu coa cabeza acabou no gol da victoria e na consecución de tres puntos importantísimos para o equipo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario