Mal comezo da segunda volta por parte do Catering Ferrolterra, que as prometía moi felices nos primeiros minutos xa que chegou a poñerse cun 3-0 a favor con goles de Manu, Antonio e Justo. O equipo relaxouse e chegaron dous goles do equipo rival, o segundo deles moi protestado polos xogadores do catering por unha posible cesión. Despois un gol de Antonio tras unha xogada ensaiada poñía o 4-2 e á xogada seguinte o Estanco Maricarmen volvía marcar. Finalmente, antes do descanso chegaron dous goles máis, un para cada equipo que deixaron o resultado de 5-4 favorable ao Catering ao descanso.
Tras o festival de goles do primeiro tempo, o Estanco Maricarmen saiu máis enchufado no segundo, dándolle a volta ao marcador con 3 goles en 10 minutos. Con 7-5, e a falta de cinco minutos para o remate, o Catering sacou porteiro-xogador, logrando o 7-6. Sen embargo as presas por lograr o empate provocaron un novo e definitivo gol do equipo rival que deixou o resultado final en 8-6.
Novo tropezo do equipo fenés, e a afición comeza a impacientarse ante a impotencia do equipo contra os rivales directos polas primeiras plazas da clasificación. Agora o equipo terá unha oportunidade de devolver a confianza á afición nas próximas xornadas. A primeira oportunidade será o próximo domingo día 12 ás 19.00 h ante o Ies Castro de Uz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario