lunes, 4 de junio de 2012

2 CATERING FERROLTERRA - BARBARROJA 2 (8-7)

Unha das eliminatorias máis igualadas dos cuartos de final da Copa presentábase neste partido, entre dous equipos da zona media-alta da liga.

O partido comezou con moito ritmo e varias ocasións para os dous equipos, que finalmente non se materializaron en gol, ata que nun contrataque rápido do Catering Ferrolterra un balón largo deixou a Justo só diante do porteiro rival, ante o que non perdonou.Cando mellor estaba asentado o equipo fenés na pista, unha falta ao borde da área a favor do Barbarroja rematou colándose na portería do Catering. Finalmente, nos últimos minutos antes do descanso o Barbarroja lograba darlle a volta ao partido nun contrataque que colleu aos feneses desprevidos.

Na segunda parte, o Catering non quería perderlle o pulso ao partido, e buscou por todos os medios o empate. Sucedíanse as ocasións dun e doutro equipo ata que unha gran xogada de Justo pola banda acabou cun gran centro e a boa definición de Antonio para empatar o encontro. A partir dese momento veuse un xogo moito máis lento, notándose o cansancio dos dous equipos, que especulando co resultado pedían xa o remate do partido. O Catering Ferrolterra tivo unha gran ocasión no último minuto, pero tras varios disparos de Javi e de Justo o balón non quixo entrar. Con esto, chegábase ao final dos 50 minutos.

A tanda de penaltis fíxose moi longa, xa que tanto o Catering Ferrolterra coma o Barbarroja non cedían nos seus disparos, ata que ao oitavo penalti, o Barbarroja fallaría; dándolle ao Catering Ferrolterra unha meritoria plaza nas semifinais.


O próximo domingo O Catering Ferrolterra medirase nas semifinais ante o campión de Liga, Pinturas Colormix, ás 16.30 h. Despois, ás 20.00 h. será a final da Copa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario