lunes, 11 de junio de 2012

2 CATERING FERROLTERRA - PINTURAS COLORMIX 7

Chegaba con moitas ganas o equipo fenés de poder dar a sorpresa e colarse na final da copa, pero finalmente non puido ser. Aínda que o encontro empezaba poñéndose de cara para o Catering Ferrolterra gracias a un gran centro de Krispy e boa definición de cabeza de Manu. Pero as ilusións duraron pouco cando o campión de liga empatou ao pouco do gol e despois deulle a volta ao marcador cun gol de falta. Antes do descanso os feneses tiveron a gran oportunidade do partido cun doble-penalti, pero nin así o balón quixo entrar.

Na segunda metade o Catering Ferrolterra saiu a darlle a volta ao marcador, pero os riscos tomados levaron acompañados contrataques do Pinturas Colormix que acababan en gol. Así chegaron varios goles do probablemente mellor equipo da copa, ata o 7-1. Finalmente o Catering, que non deu o partido por perdido en ningún momento, marcou o segundo gol, obra de Justo. Nin o porteiro-xogador nin as ganas dos feneses puideron co gran equipo local.

Con esto remata a temporada do Catering Ferrolterra en As Pontes. Según palabras do Presidente, Rubén Justo, o equipo está xa preparando novas metas na Liga Local de Ferrol, co nome de Deportivo de Fene. Pero antes deso poderemos velos na Liga do Roxal, por segundo verán consecutivo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario