martes, 24 de abril de 2012

1 CATERING FERROLTERRA - PINTURAS COLORMIX 2


Tras o parón de varias semanas na liga, chegaba o Catering Ferrolterra ca misión imposible de poñer en apretos un indiscutible líder, Pinturas Colormix, que con unha victoria deixaba case finiquitado o título.
Pero a presencia do Presidente do club Aniceto no palco motivou aínda máis si cabía a un equipo que se deixou a pel na pista. Comezaba o partido moi igualado, con ocasións para o Pinturas Colormix, pero mostrando o equipo fenés unha gran solidez defensiva. Foi así ata que a falta de dous minutos para o descanso, unha pillería do Colormix, xunto a un gran erro do Catering provocou o primeiro tanto do partido. Cando xa parecía o Catering resignado, xusto antes do descanso unha gran asistencia de Javi e un disparo de Krispy lograban o empate no marcador.
A segunda parte volveu ter a tónica da primeira parte, moi igualada, ata os 7 minutos, cando o Colormix marcaría o 1-2. A partir de ahí, o Catering Ferrolterra arriscou máis, e tuvo varias ocasións para o empate. Tamén o Pinturas Colormix dispuxo de varias ocasións á contra para matar o partido, pero Rego salvounas unha vez máis. Os tres últimos minutos o equipo fenés sacou o porteiro-xogador, e tivo a mellor ocasión no último minuto, con un disparo de Justo que xa se cantaba gol, pero o porteiro do Colormix fixo unha gran parada que probablemente vale unha liga.
A próxima semana o Catering Ferrolterra xogará ante o No Ping Las Torres, buscando unha victoria que esqueza esta última derrota.

No hay comentarios:

Publicar un comentario