miércoles, 30 de noviembre de 2011

4 CATERING FERROLTERRA - LUJO CARLÍN 2

Segunda victoria consecutiva para o equipo fenés que se lle puxo de cara nada máis comezar cun gol de Javi con bastante fortuna tras un erro do porteiro rival. O Catering dominou o xogo con tranquilidade durante os seguintes minutos e xusto antes do descanso Antonio marcou por partida dobre, o segundo tras unha gran xogada de combinación do equipo. Así se chegou ao descanso co resultado de 3-0.

Nada máis comezar a segunda metade o Catering sentenciou co terceiro gol de Antonio. A partir de ahí o partido baixou a intensidade, e finalmente dous despistes do equipo fenés acabaron con 2 goles do Lujo Carlín, chegándose ao resultado final de 4-2.

Con esta victoria o Catering Ferrolterra afiánzase na zona media-alta da clasificación.

Unha semana máis, a plaga de lesións notouse no equipo. Desde a enfermería do club activaron a alarma en torno a unha concentración de lesións no bíceps femoral. Espérase de todas formas que nas próximas semanas os xogadores vaian incórporandose paulatinamente aos entrenamentos.

GOLES: ANTONIO (3) , JAVI

No hay comentarios:

Publicar un comentario