martes, 1 de noviembre de 2011

2 CATERING FERROLTERRA - MUEBLES EUME 3

Segunda derrota da temporada para o equipo fenés ante o líder da liga, o Muebles Eume.

O partido comezaba ben para o Catering con un gol na primeira xogada do encontro obra de Javi. Tras este gol os dous equipos acercáronse á portería rival en varias ocasións pero sen sorte de cara ao gol. Así chegouse ao descanso co marcador favorable ao Catering por 1-0.

Xa na segunda parte, o Muebles Eume entrou máis entonado no partido, e en apenas 5 minutos deulle a volta ao marcador ata o 1-3. Esto cambiou a tónica do partido, tendo que reaccionar o Catering Ferrolterra, que dispuxo de varias ocasións pero non materializadas.

Xa nos últimos 5 minutos, con porteiro-xogador, o equipo fenés logrou marcar o 2-3 obra de Manu, e puido lograr o empate pero os postes e o porteiro rival evitaron o terceiro gol.

Con este resultado o Muebles Eume continúa de líder da liga, mentres que o Catering Ferrolterra comeza a necesitar unha boa racha de victorias para comezar a subir na clasificación.

Destacamos que no partido produciuse a lesión de Krispy, que será baixa durante aproximadamente 1 mes por unha rotura parcial no ligamento do pé dereito.

En declaracións ao diario AS, Krispy asegurou que está triste por non poder axudar ao equipo nas próximas xornadas, aínda que a decepción máis grande do fin de semana foi outra: non cobrar na quiniela.

Sin máis deixámosvos por esta semana, anunciándovos que este venres irá Rubén Justo a Punto Pelota, para defender ao equipo das últimas críticas recibidas por Hermel e Tomás Roncero.

O resto de resultados da xornada:

6 Tiki Taka - IES Castro de Uz 0
6 Pinturas Colormix - MRW Nodo Dixital 3
3 Barbarroja - Café Bar A Fervenza 1
13 Lujo Carlín - Matojoma Venus 0
1 Cota Cero - No Ping Las Torres 1

No hay comentarios:

Publicar un comentario