O Catering Ferrolterra voltou este fin de semana á senda da victoria, ante o Barbarroja, gracias en gran parte, a unha gran segunda metade do partido.
O partido resultou igualado na primeira metade, sen demasiadas ocasións e chegándose ao descanso co resultado inicial de 0-0.
Xa na segunda metade, nada máis comezar o Catering Ferrolterra adiantouse no marcador cun gol de Antonio a pase de Justo. Pouco durou a alegría, xa que o Barbarroja empatou ao pouco tempo. Máis tarde Manu fixo o 2-1 nun man a man co porteiro e acto seguido Antonio volveu ver portería para poñer o 3-1. Finalmente outros dous goles de Manu e Javi puxeron o 5-1 final.
GOLES: ANTONIO (2) , MANU (2) , JAVI
O resto de resultados da xornada foron os seguintes:
2 No Ping Las Torres - Nodo Dixital 6
3 Matojoma - Colormix 8
5 Ies Castro de Uz - Lujo Carlin 3
3 Tiki-Taka - A Fervenza 3
8 Estanco MariCarmen - Cota Cero 1
Con esto o Catering queda na sexta plaza da clasificación, afianzándose entre os 8 primeiros e sen perder o contacto coa cabeza.
Na próxima xornada o Catering Ferrolterra enfrontarase ao Lujo Carlín, o domingo 27 ás 16.00 h.
No hay comentarios:
Publicar un comentario