Segunda victoria do Catering Ferrolterra da temporada ante o colista da liga, o Matojoma Venus. Partido cómodo desde o principio, que se puxo de cara nada máis comezar. O dominio do equipo fenés trasladouse nun claro 6-1 ao descanso. O Matojoma intentouno na segunda metade do partido, pero os últimos minutos convertíronse nunha constante de goles do equipo do Catering. Especialmente destacable foi o recital do "Galáctico" Antonio, con nada máis e nada menos que 13 goles. O xogador fenés saiu ovacionado do pavillón. As forzas de seguridade tuveron que escoltalo ata o autobús ante a avalancha de fans. O resto dos goles foron obra de Manu (3), Isma (2), Héctor e Justo.
Con esta victoria, o Catering Ferrolterra colle impulso na liga de novo, intentando engancharse á parte alta da liga, mentres que o Matojoma segue sen conseguir puntuar esta temporada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario