martes, 6 de diciembre de 2011

5 CATERING FERROLTERRA - COTA CERO 1

Nova victoria do Catering Ferrolterra, a terceira de maneira consecutiva, esta vez ante o Cota Cero. Unha victoria que a pesar do abultado do marcador foi bastante traballada. Na primeira parte do encontro o Catering tuvo bastantes ocasións para poñerse por diante no marcador, pero non materializou ningunha. O Cota Cero tuvo unha ocasión clara antes do descanso que puido poñer o marcador antes do descanso.

Co resultado inicial de 0-0 ao descanso, o Catering Ferrolterra saiu na segunda parte dando a súa mellor cara, poñendo o partido de cara desde o minuto 1, con un gol de Brais. Despois dous dobletes de Javi e do pichichi da liga Antonio levaron o marcador ao 5-0. Finalmente o Cota Cero acortou distancias ao final con un bon gol.

Destacable a volta de Krispy ao equipo, de porteiro ante a ausencia de Rego. Sigue progresando nos entrenamentos e en breves podería voltar á convocatoria nas próximas xornadas.

Tras esta importante victoria, o equipo fenés sigue enganchado aos postos de arriba da tabla.

A próxima semana o Catering Ferrolterra descansará. Despois do parón navideño o Catering enfrentarase ao sempre dificil Pinturas Colormix.

No hay comentarios:

Publicar un comentario